fondo red white blue

columnas enlaces

5 dic 2018

Día Internacional das persoas con Discapacidade

Para conmemorar esta data, na hora de ler, Uxía, Enia e Sergio léronnos o libro "O cazo de Lorenzo", un libro moi bonito que podedes atopar na nosa biblioteca. Pero aquí non terminou todo, tamén nos presentaron dúas curtas moi interesantes. Para seguir entendendo que cada un de nós somos capaces, deixámosvos esta curtametraxe sobre Diego, un marabilloso neno que ten unha visión especial sobre a cor dás flores… máis "The present" ("O agasallo"), un agasallo moi especial dunha nai ao seu fillo.
Cal vos gustou máis?
Que teñades unha feliz ponte

'Los colores de las flores', de JWT para Fundación ONCE


The present


27 nov 2018

QUE MEDO PASEI NO MONTE!

Aquí podemos ver os videos dos contos de medo:





25 nov 2018

Entrega de premios Samaín

O pasado xoves, 15 de novembro, na hora de ler os alumnos/ as de infantil e de primaria asistiron á entrega de premios dos diferentes concursos do Samaín: concurso de contos, de cabazas e de vasoiras.
Unha vez máis, moitas felicidades aos premiados. Parabéns
Concurso de Cabazas
Julia Viveiro
Joel Botana
Carla Fraga
Antía Varela
Concurso de vasoiras:
Yunay López
Contos de medo:
Clase de 2º  EP

Sabela Villar
Anxo Andrade
Accésit:  Uxía Matogueira,  Enia Villar e  Sergio Couto

24 nov 2018

XOGO DE PISTAS

Durante este mes de novembro os rapaces de terceiro, cuarto, quinto e sexto xogaron na biblioteca buscando libros e familiarizándose coa súa distribución nos diferentes espazos,aprendendo tamén nocións básicas da CDU, clasificación universal dos libros de lectura e consulta. Podemos ver algunhas fotos desta actividade:




11 nov 2018

Premiados no concurso "contos de medo"


Este mes houbo varios concursos para celebrar o Samaín,concurso de cabazas, de vasoiras e de relatos.Aquí podemos leer os relatos de medo premiados.

4 nov 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro a biblio-móbil saiu ao patio para que os rapaces poideran desfrutar da lectura de contos de medo.Celebrábamos o día da biblioteca e contamos cun día estupendo, como podemos ver nestas imaxes:




14 oct 2018

VOLUNTARIOS LECTORES


Xa empezamos o curso! Abrimos a biblioteca o 1 de outubro con moitos nenos e nenas solicitando empréstitos. Os rapaces de terceiro xa teñen carnet e poden levar os libros para casa.
A primeira actividade que inauguramos este curso é a de voluntarios lectores, rapaces de sexto que baixan a leer contos a infantil, primeiro e segundo.Van os luns e xoves durante o plan lector, actividade moi gratificante,tanto para os maiores como para os pequenos. Publicamos unha foto desta primeira semana:

3 jul 2018

III ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO"

A finais de curso recordamos a Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños, con lecturas das súas poesías recitadas polos rapaces de terceiro,cuarto,quinro e sexto de primaria.Tamén disfrutamos da representación do conto "O nacemento do dragón" feita polos rapaces de terceiro.Carlos Cotelo,de terceiro,tocou a trompa maravillosamente.Para rematar cantamos todos o himno galego,que vai saíndo un pouco millor cada ano!

MAGO ÁLEX

Como despedida do curso tivemos a actuación do Mago Álex ,actividade proporcionada pola ANPA. Asistiron todos os cursos dende infantil a sexto de primaria.Os rapaces saíron encantados e emocionados polos xogos feitos por Álex.Gracias a ANPA.


26 jun 2018

ENTREGA DE DIPLOMAS

A última semana de curso fixemos entrega na biblioteca dos diplomas aos máis lectores e aos colaboradores de sexto.Ahí van unhas fotos:

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

31 may 2018

OBRADOIRO REGUEFEIRO

O venres 25 de maio Lupe Blanco veu a nosa biblioteca a impartir un obradoiro de regueifas aos rapaces de quinto e sexto.Ademáis a tvg grabou parte de ese obradoiro,poderemos velo no programa Galicia Viva en breve.Vemos as fotos desta actividade:

21 may 2018

MARATÓN DE LECTURA

O luns 14 de maio,martes 15 e mércores 16 homenaxeamos a María Victoria Moreno cunha lectura do seu libro "Mar adiante" por parte dos quintos e sexto durante os plans lectores,como podemos ver nestas fotos:

18 may 2018

CONTACONTOS. CELTIA A TITIRITEIRA

O venres 4 de maio recibimos a visita dunha contacontos moi especial,Celtia a titiriteira,quen leeu varias historias a toda primaria.Conseguiu que todos estiveran encantados coas súas historias.



22 abr 2018

CONCURSO DE POESÍA

Con motivo do día da poesía celebramos un concurso titulado "Se eu fose un robot..." no que participaron os cursos de primaria.O venres 20 fixemos entrega duns agasallos aos gañadores e finalistas do concurso.Os rapaces leron as súas inspiradas poesías.


15 mar 2018

VISITA DE MARÍA CANOSA AO PICHEL

María Canosa: "Unha boa historia non necesita moito máis ca un fío ben texido"
María Canosa é un claro exemplo de que ciencias e letras non están reñidas. A autora de "Muriel", obra gañadora do Premio Merlín, compaxina o seu traballo como inxeniera de Camiños, Canais e Portos coa súa vocación de escritora. E aos dous ponlle a misma dosis de pasión.

Veu a falarnos do seu libro, a historia dun neno que bota moito de menos a súa avoa e que busca,inconscientemente,encher ese vacío.
Podemos ver nestas fotos cómo participan os rapaces de quinto e sexto cursos da súa charla. Ao final firmou os libros dos rapaces e o libro de visitas da biblioteca.

28 feb 2018

Abre a fiestra a Rosalía

O venres 23 homenaxeamos a Rosalía no patio recitando "Adiós ríos, adiós fontes" todos os alumnos de infantil e primaria.Despois colocamos as cartulinas coas poesías nas fiestras da biblioteca.

21 feb 2018

ABRE A FIESTRA A ROSALÍA


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

Propoñemos para o venres 23 de febreiro que cada aula de infantil e primaria escriba en cartulina para ser pendurado nunha fiestra,unha estrofa do poema "Adios ríos,adiós fontes" e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, abrimos a un mundo e un tempo novo.Cada aula recitará a súa parte.

Damos as gracias por compartir esta publicación ao blogue da biblioteca Crocaio do CEIP Eduardo Pondal de Vigo:

7 feb 2018

SEMANA DA PAZ

SEMANA DA PAZ

A semana anterior ao Día da Paz leemos e representamos contos relacionados con este día.Os rapaces de sexto e quinto B comenzaron o luns 23 de xaneiro cos contos titulados "Rosa blanca" e "O lapis máxico de Malala".O mércores 25 foron os rapaces de cuarto A ,cuarto B e quinto A os que leeron "Unha manchea de bicos","Pequeno azul,pequeno amarelo" e "Stelaluna".
O luns 29 tocoulles o turno aos rapaces de infantil e primeiro de primaria,que leron "¿Qué es un amigo?,¿De que color es un beso?,Adivina cúanto te quiero e Somos amigos?,contos que leron e representaron de maneira fermosísima.A continuación van as fotos e videos destas actividades:



















25 ene 2018

Concurso "A personaxe misteriosa"

Este mes resolvemos o concurso sobre "A personaxe misteriosa" e demos os premios aos gañadores.




3 ene 2018

HOMENAXE A ASUNCIÓN

O sábado 30 de decembro recordamos a Asunción,celebramos un ano do seu pasamento levándolle unhas flores e reuníndonos na praza de Seavia.



NADAL NO PICHEL

Durante o mes de decembro houbo diferentes actividades para celebrar o Nadal:
Os rapaces de sexto leron dous contos. "O apalpador" e "A lenda da árbore de Nadal" utilizando o kamishibai, aos rapaces de infantil e primeiro.
Organizamos o mercadillo solidario polo que pasaron todos os rapaces de infantil e primaria a cambiar libros por alimentos.Que entusiasmo demostraron,como podemos ver nas fotos!
Tamén poidemos comprobar as súas dotes artísticas para crear postais navideñas.




Os rapaces de sexto teñen dotes artísticas e demóstrannas tamén cunha obra en inglés na que buscan a Papá Noel:


E por último unha mostra do Festival de Nadal: