fondo red white blue

30 abr. 2017

SEMANA DO LIBRO

O mércores 26 tocoulles aos rapaces de 3º ser os padriños lectores.Leron aos de primeiro,como podemos ver neste video.




O xoves foron os rapaces de 4º os que leron aos de segundo.

27 abr. 2017

CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

Queremos felicitar a Ana Durán Fraiz de 6º A polo seu precioso debuxo,que é finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai".O xurado do VIII certame tivo que realizar un gran esforzo de selección,xa que son 80 deseños finalistas entre os 10.000 recibidos.
Entre estes 80 finalistas estarán os 12 gañadores das xoias.
A entrega de Premios terá lugar o venres 28 de abril, ás 17h30, no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela. Ese día daranse a coñecer os 12 gañadores ós que se lles fará entrega da xoia que deseñaron.
Pódense mirar os debuxos finalistas na páxina do Colexio Oficial de Xoiaría.
a href="http://www.coxga.es/">
Parabéns e moita sorte,Ana.

25 abr. 2017

SEMANA DO LIBRO


O luns 24 os rapaces de sexto leron libros aos de infantil de 4º e 5º.Podemos ver o contentos e concentrados que estaban todos neste video:



10 abr. 2017

ENTREGA DE AGASALLOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA

O venres 7 de abril os gañadores do concurso de poesía "Se eu fose unha estrela..." recitaron as súas poesías.Que ben o fixeron!

















CONCURSO DE POESÍA "SE EU FOSE UNHA ESTRELA..."

CONTACONTOS "HOMENAXE A HANS CHRISTIAN ANDERSEN"


Os rapaces de sexto A recordaron a este autor coa representación e lectura de tres dos seus contos: "O reiseñor", "A princesa e o chícharo" e "O traxe novo do rei".Os nenos e nenas de infantil,primeiro e segundo escoitaron e disfrutaron destes contos.









CONCURSO "ANDERSEN HOXE"

Co motivo do "Día do libro" os rapaces de quinto e sexto participaron neste concurso,tiñan que debuxar unha persoaxe dun conto de Andersen visto dende a perspectiva actual.Nestas fotos podemos ver os seus traballos:

2 abr. 2017

Aprendemos a observar a natureza con Antón

O venres recibimos a visita de Antón, biólogo e veterinario, amante da natureza e pai de Anxo, un alumno do noso centro.
Antón veunos explicar cómo observar a natureza que nos rodea e grazas a el, coñecemos agora moitas especies da nosa contorna das que non sabíamos a existencia. 
Plantas, aves, mamíferos, insectos, anfibios... seguro que non volveremos saír a dar un paseo sen ser máis observadores. E tampouco volveremos mirar A Revolta nin O Campelo do mesmo xeito. Sabíades que temos en Coristanco plantas carnívoras? Sabíades que hai plantas que secuestran aos insectos? E que temos en Coristanco unha planta que solo se pode atopar aquí e en ningún outro lugar do mundo?
Que interesante e canto aprendemos, moitas grazas Antón!