fondo red white blue

29 may. 2016

ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA

E agora unhas fotos de recordo deste fermoso día:









A BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO" CELEBRA O SEU PRIMER ANIVERSARIO

O venres 27 de maio festexamos o aniversario da biblioteca cun pequeno festival musical.Rapaces de diferentes cursos tocaron diversos instrumentos e cada curso dende terceiro a sexto cantou ou rapeou unha poesía de Manuel María.
Asistiron ao evento Asunción Antelo,Isabel Rey Porteiro,o alcalde Amancio Lavandeira Suárez e a concelleira de cultura Laura Mariño.Aquí van os videos:













"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"

O venres 27 de maio durante o plan lector os nen@s de segundo representaron este precioso conto aos rapaces de infantil e primeiro.O ben que o fixeron e o que disfrutaron podémolo ver nestas fotos.


Ademáis fixemos entrega duns regaliños as clases de infantil e primeiro pola súa participación no concurso "Así te vexo".

24 may. 2016

TALLER DE MIMO

O mércores 18 de maio os rapaces de quinto desfrutaron moito con este taller impartido por Jorge Alfeirán,a quen agradecemos o seu desinteresado entusiasmo.Pensamos que este tipo de actividades aparentemente lúdicas teñen tamén un factor desinhibidor importante, sendo moi motivadoras para os nen@s, como podemos apreciar nestas fotos.




22 may. 2016

DÍA DA FAMILIA


O venres 13 de maio celebramos cos pais este "Día da Familia".Primeiro vimos aos rapaces demostrando o que aprenderon nas actividades extraescolares como baile e kárate; a continuación fixemos diferentes manualidades como pintado de camisetas,de macetas e bolsas con motivos do noso proxecto dese ano:as emocións.
Tamén abrimos a nosa biblioteca para os nenos e familiares que quixeran acercarse a ler contos Por último tivemos unha comida de confraternidade.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasamos:



18 may. 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA

O xoves 12 de maio,durante o plan lector,os rapaces e rapazas de quinto A recomendaron libros de lectura aos nen@s de cuarto e quintoB.Que grandes lectores!


              

AS REDES SOCIAIS

O xoves 12 de maio visitounos José Manuel Couto e un compañeiro,dou unha moi interesante charla aos rapaces de quinto e sexto sobre os peligros de internet.Ahí van unhas fotos:







11 may. 2016

CONTACONTOS : MARÍA DA PONTRAGHA

Hoxe mércores tivemos a visita dunha gran contacontos,os nen@s de infantil a quinto de primaria disfrutaron coma nunca co bo facer desta narradora,como podemos ver nestes videos:




RECOMENDANDO LIBROS

O xoves 5 de maio os rapaces e rapazas de cuarto fixeron unha actividade de animación á lectura moi interesante,recomendaron libros que leran e disfrutaran aos compañeiros de 5º A.Vemos no video:


8 may. 2016

CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

O día 29 de abril a alumna de quinto Laura Fernández Rial achegouse a Santiago de Compostela onde no auditorio do CGAC daban os premios do concurso. Non houbo sorte pero a experiencia foi fabulosa,como podemos ver nestas fotos:






4 may. 2016

SAL E AZUCRE




Seguimos contando contos...Esta vez os nen@s de primeiro quixeron agradecherlle o apadriñamento lector da semana anterior aos rapaces e rapazas de quinto A.Leron para eles este precioso conto e fixérono de maravilla como vemos nos videos:








ENFADADOS

O venres 29 de abril os rapaces e rapazas de terceiro B leron o conto de Enfadados aos nen@s de infantil.O ben que o pasaron podemos velo neste video:



Despois do contacontos fixeron a actividade de búsqueda de libros a través de varias pistas:




2 may. 2016

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

O xoves 28 de abril recibimos a visita tan esperada polos rapaces e rapazas de quinto desta escritora.
Explicounos o seu interesante método para escribir e falounos do seu libro "Nena e o mar",premio Merlín do ano pasado. Despois da charla,houbo un turno de preguntas elaboradas polos rapaces e firma dos libros que trouxeron.Algúns regaláronlle debuxos sobre o libro.
Os nen@s quedaron encantados e agora demandan os outros libros publicados por Érica,libros que xa están circulando polas aulas de quinto.









DÍA DA CIENCIA

O martes 26 de abril os rapaces e rapazas de quinto e sexto asistimoa á videoconferencia programada  pola coordinadora galega de ENLD para celebrar O día da ciencia.A actividade levaba como título "Arpa leap motion"e a relatora era Susana Oubiña Falcón,profesora de Tecnoloxía do IES de Vilalonga  e investigadora. Licenciada en Ciencias Físicas na especialidade de Electrónica pola USC e Máster en Enxeñería Telemática pola UVigo. Desenvolve actividades varias de formación e divulgación da robótica e a realidade aumentada nos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
O reto consistía en conseguir deseñar, programar e facer soar unha arpa, para así poder crear a nosa propia música. Para conseguilo, introducíunos na robótica utilizando o software Scratch 2.0, que conectou ao dispositivo de infravermellos Leap Motion. Como produto final, obtivo un instrumento musical (arpa) que pódese usar de forma moi sinxela: só movendo no aire os dedos das nosas mans.