fondo red white blue

27 feb. 2016

Contacontos

Seguimos coas nosas sesións de contacontos semanais. Esta vez, tocoulle ao alumnado de 5ºB contarlle contos aos seus compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e terceiro.




25 feb. 2016

SEMANA DE ROSALÍA

Para celebrar o Día de Rosalía o alumnado de infantil e primaria colorearon unha postal cun debuxo e estrofas da súa obra,leváronna para casa o mércores como agasallo a seus pais;así mesmo fixemos murais e traballos sobre a súa biografía.O venres os rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto recitarán a Rosalía na biblioteca.


10 feb. 2016

REMATAMOS CONTOS DA PAZ

O mércores 3 de febreiro os rapaces de cuarto leron o conto "A bruxa Discordia" aos nenos e nenas de terceiro,fixérono xenial como ben podemos ver neste video:


2 feb. 2016

CONTACONTOS DA PAZ

O martes 2 de febreiro os nen@s de quinto A representaron o conto titulado "E que podo facer eu? aosrapaces de primeiro e segundo.Velahí vai o video onde podemos ver o ben que o fixeron: