fondo red white blue

columnas enlaces

31 ene 2016

SEGUIMOS COA SEMANA DA PAZ

O mércores 27 tocoulle o turno aos rapaces de terceiro que leron dous contos relacionados coa paz "Café doce, café amargo" e "Todos somos especiales".Esta vez escoitaban os nenos e nenas de educación infantil:






26 ene 2016

SEMANA DA PAZ

O martes 26 os nen@s de segundo representaron o conto "Negros e brancos" aos rapaces e rapazas de quinto,neste video podemos ver o ben que o pasan;a continuación van unhas fotos coa pomba da paz feita xa anos polos nenos de Carlos e Carmen Otero,unha compañeira que xa non está no centro;nesta pomba os rapaces pegan palabras relacionadas coa paz.





SEMANA DA PAZ

Este lun 25 de xaneiro empezamos coa celebración do Día da Paz.Os alumnos de primeiro deleitáronos cunha poesía sobre a chuvia e despois cun contacontos titulado "Como el perro y el gato".Puxeron tal entusiasmo e gañas que os rapaces de sexto que escoitaban quedaron abraiados como podedes ver nestes videos.ENHORABOA,RAPACES.






20 ene 2016

E MÁIS CONTACONTOS

O luns 18 de xaneiro tocoulles a quinto A a lectura de dous contos: "Os seis barbudos" e "Negros e brancos",esta vez a educación infantil.Podemos ver os videos a continuación:





19 ene 2016

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O luns 11 de xaneiro os rapaces e rapazas de sexto leron os contos "A guerra dos números" e "Mateo" aos nenos e nenas de primeiro e segundo.Ahí van os videos desta actividade: