fondo red white blue

columnas enlaces

26 dic 2016

ACTIVIDADES DE NADAL

E xa rematando o trimestre recollemos alimentos no mercadillo solidario,compramos libros donados anteriormente con alimentos: Un libro,un kilo.Ademáis adornamos as portas con motivos navideños,actividades nas que os rapaces colaboran e disfrutan.Ahí van as fotos:

A PERSONAXE MISTERIOSA

Durante a última quincena deste trimestre os rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria participaron neste concurso,tiñan que buscar unhas pistas e descubrir a nosa personaxe misteriosa: Agustín Fernández Paz.Aquí van unhas fotos do concurso e da entrega de premios aos rapaces que contestaron ben a todas as pistas e ao nome da nosa personaxe:

25 dic 2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos este día cun mural feito por infantil coas súas máns plasmadas en cor laranxa;os nenos e nenas de segundo fixeron o seu propio mural na clase e o resto de primaria leron libros relacionados co tema: Artur e Clementina,Unha feliz catástrofe,O libro dos porcos e Xela volveuse vampira.
Aquí van unhas fotos desta actividade:






13 dic 2016

LENDO CONTOS A INFANTIL

O xoves 1 de decembro os rapaces de 6º A recordaron o desastre do Prestige cun conto titulado "Salgadiña, a estrela de Fisterra",como podemos ver neste video:





SALGADIÑA,A ESTRELA DE FISTERRA from Biblioteca Xosé Pichel on Vimeo.



Ademáis leron un precioso conto titulado "Quen levou a lúa?",








A continuación os rapaces de infantil tamén se animaron a contar contos:


5 nov 2016

DISFRACES DE SAMAÍN

O venres os rapaces viñeron ao colexio disfrazados para rematar a semana do Samaín.Que medo pasamos!







CABAZAS E VASOIRAS

Canto traballaron os rapaces!Fixeron moitas e orixinais cabazas,así como algunhas vasoiras decoradas con motivos do Samaín. Podemos ver nestes videos exemplos destes traballos:


1 nov 2016

DECORAMOS O COLEXIO


Esta semana decoramos a entrada do colexio.a biblioteca e as portas con motivos relacionados.Así mesmo elaboramos receitas terroríficas.Podemos velo neste video;

HISTORIAS DE MEDO NA E.S.O

O xoves os rapaces de quinto e sexto foron a biblioteca de secundaria a escoitar lendas e historias terroríficas.




31 oct 2016

SEGUIMOS CO SAMAÍN

O xoves 27 e o venres 28 os rapaces de sexto leron historias de medo aos de secundaria na biblioteca Asunción Antelo:








CELEBRAMOS O SAMAÍN

A semana do 24 ao 28 de outubro fixemos varias actividades para celebrar o Samaín.O martes e mércores os rapaces de sexto leron contos de medo aos de infantil,primeiro e segundo. Aquí van uns videos destas actividades:







3 oct 2016

COMENZANDO O CURSO

Empezamos abrindo a biblioteca para os préstamos o 3 de outubro.En setembro fixemos os novos carnets para os usuarios de terceiro,un horario de uso para os distintos cursos de primaria,catalogamos e etiquetamos libros novos e elaboramos trípticos de lectura sobre Agustín Fernández Paz e Roald Dhal,autores dos que estamos lendo en cuarto,quinto e sexto de primaria.




1 jun 2016

CHARLA SOBRE A ENERXÍA

O luns 30 de maio os rapaces de primeiro a cuarto tiveron unhas interesantes charlas sobre a enerxía.Aquí vemos un video :


CONTO "PORQUE CUQUI NON QUERE IR A LAVADORA"







Hoxe luns 29 de maio Noelia contoulles aos rapaces de cinco anos esta fermosa historia.Os nen@s estiveron moi atentos como podemos ver neste video:

29 may 2016

ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA

E agora unhas fotos de recordo deste fermoso día:









A BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO" CELEBRA O SEU PRIMER ANIVERSARIO

O venres 27 de maio festexamos o aniversario da biblioteca cun pequeno festival musical.Rapaces de diferentes cursos tocaron diversos instrumentos e cada curso dende terceiro a sexto cantou ou rapeou unha poesía de Manuel María.
Asistiron ao evento Asunción Antelo,Isabel Rey Porteiro,o alcalde Amancio Lavandeira Suárez e a concelleira de cultura Laura Mariño.Aquí van os videos:













"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"

O venres 27 de maio durante o plan lector os nen@s de segundo representaron este precioso conto aos rapaces de infantil e primeiro.O ben que o fixeron e o que disfrutaron podémolo ver nestas fotos.


Ademáis fixemos entrega duns regaliños as clases de infantil e primeiro pola súa participación no concurso "Así te vexo".

24 may 2016

TALLER DE MIMO

O mércores 18 de maio os rapaces de quinto desfrutaron moito con este taller impartido por Jorge Alfeirán,a quen agradecemos o seu desinteresado entusiasmo.Pensamos que este tipo de actividades aparentemente lúdicas teñen tamén un factor desinhibidor importante, sendo moi motivadoras para os nen@s, como podemos apreciar nestas fotos.




22 may 2016

DÍA DA FAMILIA


O venres 13 de maio celebramos cos pais este "Día da Familia".Primeiro vimos aos rapaces demostrando o que aprenderon nas actividades extraescolares como baile e kárate; a continuación fixemos diferentes manualidades como pintado de camisetas,de macetas e bolsas con motivos do noso proxecto dese ano:as emocións.
Tamén abrimos a nosa biblioteca para os nenos e familiares que quixeran acercarse a ler contos Por último tivemos unha comida de confraternidade.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasamos:



18 may 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA

O xoves 12 de maio,durante o plan lector,os rapaces e rapazas de quinto A recomendaron libros de lectura aos nen@s de cuarto e quintoB.Que grandes lectores!


              

AS REDES SOCIAIS

O xoves 12 de maio visitounos José Manuel Couto e un compañeiro,dou unha moi interesante charla aos rapaces de quinto e sexto sobre os peligros de internet.Ahí van unhas fotos:







11 may 2016

CONTACONTOS : MARÍA DA PONTRAGHA

Hoxe mércores tivemos a visita dunha gran contacontos,os nen@s de infantil a quinto de primaria disfrutaron coma nunca co bo facer desta narradora,como podemos ver nestes videos:




RECOMENDANDO LIBROS

O xoves 5 de maio os rapaces e rapazas de cuarto fixeron unha actividade de animación á lectura moi interesante,recomendaron libros que leran e disfrutaran aos compañeiros de 5º A.Vemos no video:


8 may 2016

CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

O día 29 de abril a alumna de quinto Laura Fernández Rial achegouse a Santiago de Compostela onde no auditorio do CGAC daban os premios do concurso. Non houbo sorte pero a experiencia foi fabulosa,como podemos ver nestas fotos:






4 may 2016

SAL E AZUCRE




Seguimos contando contos...Esta vez os nen@s de primeiro quixeron agradecherlle o apadriñamento lector da semana anterior aos rapaces e rapazas de quinto A.Leron para eles este precioso conto e fixérono de maravilla como vemos nos videos:








ENFADADOS

O venres 29 de abril os rapaces e rapazas de terceiro B leron o conto de Enfadados aos nen@s de infantil.O ben que o pasaron podemos velo neste video:



Despois do contacontos fixeron a actividade de búsqueda de libros a través de varias pistas:




2 may 2016

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

O xoves 28 de abril recibimos a visita tan esperada polos rapaces e rapazas de quinto desta escritora.
Explicounos o seu interesante método para escribir e falounos do seu libro "Nena e o mar",premio Merlín do ano pasado. Despois da charla,houbo un turno de preguntas elaboradas polos rapaces e firma dos libros que trouxeron.Algúns regaláronlle debuxos sobre o libro.
Os nen@s quedaron encantados e agora demandan os outros libros publicados por Érica,libros que xa están circulando polas aulas de quinto.









DÍA DA CIENCIA

O martes 26 de abril os rapaces e rapazas de quinto e sexto asistimoa á videoconferencia programada  pola coordinadora galega de ENLD para celebrar O día da ciencia.A actividade levaba como título "Arpa leap motion"e a relatora era Susana Oubiña Falcón,profesora de Tecnoloxía do IES de Vilalonga  e investigadora. Licenciada en Ciencias Físicas na especialidade de Electrónica pola USC e Máster en Enxeñería Telemática pola UVigo. Desenvolve actividades varias de formación e divulgación da robótica e a realidade aumentada nos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
O reto consistía en conseguir deseñar, programar e facer soar unha arpa, para así poder crear a nosa propia música. Para conseguilo, introducíunos na robótica utilizando o software Scratch 2.0, que conectou ao dispositivo de infravermellos Leap Motion. Como produto final, obtivo un instrumento musical (arpa) que pódese usar de forma moi sinxela: só movendo no aire os dedos das nosas mans.




24 abr 2016

SEGUIMOS COA SEMANA DO LIBRO

O martes 19 tocoulles o turno a 5º A,leron aos rapaces de primeiro.En algún momento intercambiaron os papeis,sendo os nenos de primeiro os que leían aos de segundo.Despois realizaron a actividade de búsqueda de libros.




O mércores 20 foron os de 5º B a leer aos rapaces e rapazas de segundo nivel.Tamén fixeron o xogo de pistas.





O xoves 21 turno para os rapaces de cuarto,len a educación infantil de cinco.



E por último o venres 22 fixeron a actividade os nenos e nenas de terceiro.Gracias a que o día estaba soleado extenderon a biblioteca ao patio.Despois quedaron os de 3º A para realizar o xogo de pistas.O outro terceiro xogará o venres que ven,xa que nos teñen preparado un contacontos para infantil.

23 abr 2016

SEMANA DO LIBRO

O luns 18 de abril empezamos a actividade de apadriñamento lector na biblioteca.Os rapaces e rapazas de sexto leron conton aos de infantil de tres anos.
Despois os maiores fixeron unha actividade de búsqueda de libros a través de pistas,actividade moi instructiva xa que lles enseña a localizar libros de consulta e lectura.
Ahí vai o video coas fotos:


17 abr 2016

LAURA FINALISTA


FINALISTA DO CONCURSO “DISEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI”

O xoves enterámonos de que LAURA FERNÁNDEZ RIAL.unha nena de 5º A,quedou como finalista do concurso organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría .
O xurado do VII certame seleccionou os 80 deseños finalistas ,entre os case 8.600 deseños enviados de toda Galicia.Entre eles estarán os 12 gañadores.
“A esencia do concurso é que os nenos e nenas debuxen a xoia que desexen agasallar a súa nai: a xoia que soñan”,palabras textuais do concurso.
A entrega de premios será o venres 29 de abril as 17:30 no auditorio do CGAC,en Santiago de Compostela.
Xa felicitamos a Laura,quen supoñemos estará celebrándoo coa súa familia.Estamos contentísimos e esperamos que Laura sexa un dos gañadores.Enhoraboa,Laura.

Podemos ver na foto a xoia deseñada por Laura.