fondo red white blue

columnas enlaces

28 dic 2015

FESTIVAL DE NADAL

MERCADILLO SOLIDARIO E AMBIENTACIÓN NAVIDEÑA


Durante a última semana deste trimestre celebramos o Mercadillo Solidario,como ven sendo habitual nestas datas.Recóllense alimentos a cambio de libros
donados con anterioridade polos rapaces.Podemos apreciar o éxito desta actividade nas fotos seguintes.Ademáis fixéronse murais e adornáronse as portas con motivos navideños.


26 dic 2015

AS TEATREIRAS DO PICHEL NA BIBLIOTECA

O xoves 17 de decembro recibimos de novo as Teatreiras do Pichel,nesta ocasión contaron "Bonitas historias do Nadal" aos rapaces de infantil,primeiro,segundo e terceiro.Velahí vai un video desta actividade:





Mentres esperabamos a que chegaran os rapaces unha nena de primeiro contounos un fermoso conto:

O APALPADOR EN CORISTANCO

O martes 15 visitounos o apalpador.traía regalos para os rapaces de infantil e primeiro;eles tamén fixeran debuxos para regalarlle.Acompañounos a prensa e a televisión,que entrevistou a algún dos rapaces.Aquí vemos un video desta fermosa actividade:




CONTACONTOS DE SEXTO

O luns 14 de decembro os rapaces e rapazas len aos nenos de infantil dous contos,un é o de "Mateo",un neno que ten que ir a buscar a súa nai xa que se perdeu; e o outro titúlase "Seis barbudos".Ahí van varias fotos desta actividade:

20 dic 2015

MANUALIDADES DE INFANTIL


O venres 11 de decembro pechamos o ciclo de manualidades con infantil de catro.Ahí vai o video que demostra o ben que o pasaron:


MANUALIDADES DE QUINTO E SEXTO


O 9 e 10 de decembro os rapaces e rapazas de quinto e sexto foron a biblioteca a realizar manualidades navideñas.Mostramos un video desta actividade:


8 dic 2015

Nova visita

O xoves pasado recibimos unha visita moi especial, xa que Antón, o pai de Anxo de 3A, veu dar unha charla na biblioteca para todo o alumnado de terceiro.

Explicounos en que consiste o seu traballo de veterinario pero tamén contounos da estreita relación que houbo ao longo da historia entre o home e o cabalo. Para rematar, falounos do cabalo de pura raza galega, raza coa que traballa na actualidade. Xa coñecemos as súas principais características e seguro que o recoñeceríamos.

Foi moi interesante, moitas grazas Antón! Os rapaces mostráronse así de atentos e entusiastas:


MÁIS CONTACONTOS

O luns 7 de decembro tocálle o turno a quinto B,len dous contos a primeiro e segundo.Aquí vai o de "O rabaño":


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Como todos os luns,este 30 de novembro tocoulle aos rapaces e rapazas de quinto A leer aos nenos e nenas de infantil.O primeiro conto foi "A cousa que máis doe do mundo",conto que xa leran a primeiro e segundo,esta vez sen libro; o segundo conto foi "Moncho e a mancha",ao que engandiron un rap ao final do conto.
Vemos a representación do conto neste video: