fondo red white blue

25 nov. 2015

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro reunimos a toda primaria e infantil para deixar a nosa man plasmada nun mural conmemorativo deste día.Vemos neste video aos nenos de quinto e infantil de cinco como exemplos desta actividade tan interesante e significativa:


24 nov. 2015

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Damos as grazas a biblioteca do C.P.I A Cañiza pola súa recopilación para celebrar este 25 de novembro,día internacional contra a violencia de xénero.As imáxenes valen máis que...






MANUALIDADES NA BIBLIOTECA

Este martes 24 de novembro outra nai,Noelia, animouse a facer unha manualidade cos rapaces de segundo de primaria: unhas setas de plastilina.


CONTACONTOS NA BIBLIO

O luns 23 de novembro e,xa como ven sendo unha actividade habitual,os rapaces de sexto leron os contos "Orellas de bolboreta" e "Confundindo historias" aos rapaces de primeiro e segundo.Ao final dous rapaces de segundo contan aos seus compañeiros a verdadeira historia de Carapuchiña vermella,tema do segundo conto.
Ahí van unhas fotos desta actividade:

CHARLA SOLIDARIA

E para rematar esta semana e concidindo co " Día dos dereitos dos nenos" o venres poidemos escoitar e falar con Francisco Suárez e Maite Prieto,representantes de Cáritas en Carballo,que viñeron a charlar cos rapaces de primaria.Tamén fixemos un mural conmemorativo deste día.Velahí van unhas fotos cos maiores.


MAXIA VS CIENCIA

O xoves 19 de novembro os rapaces e rapazas de primaria disfrutaron cun espectáculo de maxia e de ciencia patrocinado polo concello.Vemos en estes videos o entusiasmo dos rapaces polo espectáculo.










SEGUIMOS COAS MANUALIDADES

O martes 17 e o mércores 18 de novembro Mónica e Ana estiveron cos rapaces de terceiro e cuarto facendo manualidades otoñales.Mostramos un video onde podemos ver o ben que o pasan os rapaces.


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O luns 16 de novembro os rapaces de quinto B leron dous contos aos nenos e nenas de infantil.Estes contos foron ·O soño do osiño rosa" e "Eu non fun".Ahí van os videos das representacións:




14 nov. 2015

SEGUIMOS COAS MANUALIDADES

O mércores 11 de novembro Ana e Mónica fixeron ourizos cos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.Ahí van as fotos onde podemos ver o entretidos e concentrados que estiveron os rapaces.


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O luns 9 de novembro os rapaces e rapazas de quinto A leron e representaron o conto "A cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de primeiro e segundo;podemos ver no video o ben que o fixeron:

MANUALIDADES NA BIBLIOTECA


Na primeira semana de novembro empezaron os rapaces de infantil a facer manualidades con dúas mamás,Mónica e Ana;no video podemos ver que tanto elas como os rapaces disfrutaron moitísimo da actividade,que seguirá durante as dúas semanas próximas co resto do alumnado de primaria.

2 nov. 2015

E PARA REMATAR O SAMAÍN...

Os rapaces e rapazas de sexto foron polas aulas de infantil,primeiro e segundo para asustalos! con máis contos de medo.













SEGUIMOS CUN CONTO DE MEDO EN INGLÉS

E o xoves 29 seguimos con "My monster mama loves me so",conto representado por rapaces e rapazas de quinto aos seus compañeiros de terceiro,cuarto,quinto e sexto.No video podemos ver o entusiasmo e as gañas que puxeron estes rapaces.Enhoraboa a Rosa,a "teacher" e aos artistas.



SEMANA DO MEDO

Como xa estamos no Samaín esta semana contamos coa colaboración das "Teatreiras do Pichel" que representaron de maneira magnífica "O pobo das pantasmas" para os nenos de infantil,o martes 27,e para os de primeiro e segundo o mércores 28.Queremos darlle a merecidísima enhoraboa polo seu traballo,xa que no sólo representaron se non que realizaron os títeres utilizados na obra.Esperamos velas en outras ocasións co mesmo entusiasmo.Ahí vai un video representativo do estupendo traballo que fixeron:

















DÍA DA BIBLIOTECA

O luns 28 de outubro,para celebrar o día da biblioteca,empezamos os contacontos.Os rapaces de sexto representaron para os nenos e nenas de infantil dous bellísimos contos relacionados co proxecto das emocións que seguimos este curso.O primeiro foi "Orellas de bolboreta" onde Mara,a pesar de ser acosada polos compañeiros,consigue superar todas as situacións apoiándose na sua nai e aprendendo a rirse dun mesmo.





O segundo conto "Confundindo historias" trata dun avó que interrumpe a plácida lectura do periódico para contarlle a súa neta un conto que,non por máis clásico,resúltalle menos difícil de narrar. Descoñecemento? En absoluto. O avó consegue que sexa a nena a que realmente reproduzca o conto.