fondo red white blue

28 dic. 2015

FESTIVAL DE NADAL

MERCADILLO SOLIDARIO E AMBIENTACIÓN NAVIDEÑA


Durante a última semana deste trimestre celebramos o Mercadillo Solidario,como ven sendo habitual nestas datas.Recóllense alimentos a cambio de libros
donados con anterioridade polos rapaces.Podemos apreciar o éxito desta actividade nas fotos seguintes.Ademáis fixéronse murais e adornáronse as portas con motivos navideños.


26 dic. 2015

AS TEATREIRAS DO PICHEL NA BIBLIOTECA

O xoves 17 de decembro recibimos de novo as Teatreiras do Pichel,nesta ocasión contaron "Bonitas historias do Nadal" aos rapaces de infantil,primeiro,segundo e terceiro.Velahí vai un video desta actividade:





Mentres esperabamos a que chegaran os rapaces unha nena de primeiro contounos un fermoso conto:

O APALPADOR EN CORISTANCO

O martes 15 visitounos o apalpador.traía regalos para os rapaces de infantil e primeiro;eles tamén fixeran debuxos para regalarlle.Acompañounos a prensa e a televisión,que entrevistou a algún dos rapaces.Aquí vemos un video desta fermosa actividade:




CONTACONTOS DE SEXTO

O luns 14 de decembro os rapaces e rapazas len aos nenos de infantil dous contos,un é o de "Mateo",un neno que ten que ir a buscar a súa nai xa que se perdeu; e o outro titúlase "Seis barbudos".Ahí van varias fotos desta actividade:

20 dic. 2015

MANUALIDADES DE INFANTIL


O venres 11 de decembro pechamos o ciclo de manualidades con infantil de catro.Ahí vai o video que demostra o ben que o pasaron:


MANUALIDADES DE QUINTO E SEXTO


O 9 e 10 de decembro os rapaces e rapazas de quinto e sexto foron a biblioteca a realizar manualidades navideñas.Mostramos un video desta actividade:


8 dic. 2015

Nova visita

O xoves pasado recibimos unha visita moi especial, xa que Antón, o pai de Anxo de 3A, veu dar unha charla na biblioteca para todo o alumnado de terceiro.

Explicounos en que consiste o seu traballo de veterinario pero tamén contounos da estreita relación que houbo ao longo da historia entre o home e o cabalo. Para rematar, falounos do cabalo de pura raza galega, raza coa que traballa na actualidade. Xa coñecemos as súas principais características e seguro que o recoñeceríamos.

Foi moi interesante, moitas grazas Antón! Os rapaces mostráronse así de atentos e entusiastas:


MÁIS CONTACONTOS

O luns 7 de decembro tocálle o turno a quinto B,len dous contos a primeiro e segundo.Aquí vai o de "O rabaño":


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Como todos os luns,este 30 de novembro tocoulle aos rapaces e rapazas de quinto A leer aos nenos e nenas de infantil.O primeiro conto foi "A cousa que máis doe do mundo",conto que xa leran a primeiro e segundo,esta vez sen libro; o segundo conto foi "Moncho e a mancha",ao que engandiron un rap ao final do conto.
Vemos a representación do conto neste video:

25 nov. 2015

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro reunimos a toda primaria e infantil para deixar a nosa man plasmada nun mural conmemorativo deste día.Vemos neste video aos nenos de quinto e infantil de cinco como exemplos desta actividade tan interesante e significativa:


24 nov. 2015

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Damos as grazas a biblioteca do C.P.I A Cañiza pola súa recopilación para celebrar este 25 de novembro,día internacional contra a violencia de xénero.As imáxenes valen máis que...






MANUALIDADES NA BIBLIOTECA

Este martes 24 de novembro outra nai,Noelia, animouse a facer unha manualidade cos rapaces de segundo de primaria: unhas setas de plastilina.


CONTACONTOS NA BIBLIO

O luns 23 de novembro e,xa como ven sendo unha actividade habitual,os rapaces de sexto leron os contos "Orellas de bolboreta" e "Confundindo historias" aos rapaces de primeiro e segundo.Ao final dous rapaces de segundo contan aos seus compañeiros a verdadeira historia de Carapuchiña vermella,tema do segundo conto.
Ahí van unhas fotos desta actividade:

CHARLA SOLIDARIA

E para rematar esta semana e concidindo co " Día dos dereitos dos nenos" o venres poidemos escoitar e falar con Francisco Suárez e Maite Prieto,representantes de Cáritas en Carballo,que viñeron a charlar cos rapaces de primaria.Tamén fixemos un mural conmemorativo deste día.Velahí van unhas fotos cos maiores.


MAXIA VS CIENCIA

O xoves 19 de novembro os rapaces e rapazas de primaria disfrutaron cun espectáculo de maxia e de ciencia patrocinado polo concello.Vemos en estes videos o entusiasmo dos rapaces polo espectáculo.










SEGUIMOS COAS MANUALIDADES

O martes 17 e o mércores 18 de novembro Mónica e Ana estiveron cos rapaces de terceiro e cuarto facendo manualidades otoñales.Mostramos un video onde podemos ver o ben que o pasan os rapaces.


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O luns 16 de novembro os rapaces de quinto B leron dous contos aos nenos e nenas de infantil.Estes contos foron ·O soño do osiño rosa" e "Eu non fun".Ahí van os videos das representacións:




14 nov. 2015

SEGUIMOS COAS MANUALIDADES

O mércores 11 de novembro Ana e Mónica fixeron ourizos cos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.Ahí van as fotos onde podemos ver o entretidos e concentrados que estiveron os rapaces.


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O luns 9 de novembro os rapaces e rapazas de quinto A leron e representaron o conto "A cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de primeiro e segundo;podemos ver no video o ben que o fixeron:

MANUALIDADES NA BIBLIOTECA


Na primeira semana de novembro empezaron os rapaces de infantil a facer manualidades con dúas mamás,Mónica e Ana;no video podemos ver que tanto elas como os rapaces disfrutaron moitísimo da actividade,que seguirá durante as dúas semanas próximas co resto do alumnado de primaria.

2 nov. 2015

E PARA REMATAR O SAMAÍN...

Os rapaces e rapazas de sexto foron polas aulas de infantil,primeiro e segundo para asustalos! con máis contos de medo.













SEGUIMOS CUN CONTO DE MEDO EN INGLÉS

E o xoves 29 seguimos con "My monster mama loves me so",conto representado por rapaces e rapazas de quinto aos seus compañeiros de terceiro,cuarto,quinto e sexto.No video podemos ver o entusiasmo e as gañas que puxeron estes rapaces.Enhoraboa a Rosa,a "teacher" e aos artistas.



SEMANA DO MEDO

Como xa estamos no Samaín esta semana contamos coa colaboración das "Teatreiras do Pichel" que representaron de maneira magnífica "O pobo das pantasmas" para os nenos de infantil,o martes 27,e para os de primeiro e segundo o mércores 28.Queremos darlle a merecidísima enhoraboa polo seu traballo,xa que no sólo representaron se non que realizaron os títeres utilizados na obra.Esperamos velas en outras ocasións co mesmo entusiasmo.Ahí vai un video representativo do estupendo traballo que fixeron:

















DÍA DA BIBLIOTECA

O luns 28 de outubro,para celebrar o día da biblioteca,empezamos os contacontos.Os rapaces de sexto representaron para os nenos e nenas de infantil dous bellísimos contos relacionados co proxecto das emocións que seguimos este curso.O primeiro foi "Orellas de bolboreta" onde Mara,a pesar de ser acosada polos compañeiros,consigue superar todas as situacións apoiándose na sua nai e aprendendo a rirse dun mesmo.





O segundo conto "Confundindo historias" trata dun avó que interrumpe a plácida lectura do periódico para contarlle a súa neta un conto que,non por máis clásico,resúltalle menos difícil de narrar. Descoñecemento? En absoluto. O avó consegue que sexa a nena a que realmente reproduzca o conto.


25 sept. 2015

EMPEZAMOS O CURSO

E xa con festexos,os rapaces de primaria fan manualidades coas patacas,algunhas delas preséntanse ao concurso na XXV edición da Festa da Pataca de Coristanco.Hai dous traballos premiados,o da clase de infantil de 4 anos e o de dúas nenas de sexto.Ahí van unhas fotos onde vemos a ilusión e traballo dos rapaces.


11 ago. 2015

CUMPLEANOS DE ASUNCIÓN ANTELO

O sábado 8 de agosto cumplía Asunción Antelo 96 anos.Celebramos o acontecemento o domingo,primeiro en Seavia onde o alcalde de Coristanco,Amancio Lavandeira,descubriu unha placa conmemorativa nun muro onde había un debuxo e poesías de Asunción feitos por Mighelo;despois achegámonos a súa casa onde leéronse poesías de Asunción e Laura,a conselleira de cultura,recoñeceu a valía e importancia de Asunción nun sentido discurso;Asunción recibiu regalos e soprou a tarta que logo compartiría cos numerosos asistentes a festa.Moitas felicidades do Pichel!
Seguen fotos desta celebración:

21 jun. 2015

DESPEDIDA DE CURSO

O venres 19 despedímonos do curso co "Baile do cadrado" feito polos rapaces de sexto con moito entusiasmo e ensaiados por Estela,a nosa profe de ximnasia,quen tamén entregou o premio ao mellor xogador de buxaina.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasaron:


18 jun. 2015

ENTREGA DE DIPLOMAS "GRAN LECTOR"

Este mércores 17 de xuño fixemos entrega na biblioteca dos diplomas de grandes lectores a Víctor,María e Lucía de cuarto de primaria.Víctor leeu máis de cincuenta libros durante o curso, Lucía e María máis de trinta.Enhoraboa,esperamos que sigades así.Aquí van un par de fotos:





13 jun. 2015

XOGAMOS COS BOMBEIROS,GUARDIA CIVIL...

O xoves 11 de xuño tivemos aos bombeiros,061,policia local e garda civil no patio do colexio.Tivemos dous talleres e subimos aos diferentes vehículos,así mismo fixemos un simulacro de incendio.Nestas fotos podemos ver o entusiasmo dos rapaces e o moito que aprenderon.




Houbo tamén unha exhibición interesantísima por parte da garda civil onde mostraron aos rapaces como un can labrador detectaba unha bomba.




CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO"

Este luns 8 de xuño despedimos os contacontos deste curso coa colaboración de Noelia,mamá dunha nena de infantil.Agradecemos o seu entusiasmo e esperamos seguir con esta actividade no curso que ven.
Nestes videos podemos ver o ben que o pasaron os nenos e Noelia.




4 jun. 2015

ASUNCIÓN ANTELO XA TEN A SÚA BIBLIOTECA

O venres 29 de maio fixemos unha homenaxe a Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños. Os rapaces de primeiro,terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria dedicáronlle varios recitados das súas poesías,un rap sobre a festa da pataca e unha representación de "O vello e a moza" por parte de Victor de cuarto e María de quinto.Ademáis temos que agradecer a visita de Arancha Folgar,profesora en Muxía,quen puxo os pelos de punta aos adultos cos seus fados.Gracias tamén ao Mighelo que donou un cadro de Asunción para a biblioteca e deleitounos co seu acordeón.Mágoa a falta de tempo,xa que soupo a pouco.
Aquí podemos ver uns videos e unhas fotos da nosa reinauguración:





































27 may. 2015

EXCURSIÓN A CABANA

O luns 25 de maio os rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto fomos a ver o Castro de Borneiro,onde fixemos un xogo de pistas moi divertido.
A continuación o noso guía Lito levounos por un roteiro chamado O rego dos muíños,tres kilómetros que andivemos sen problemas.Mostramos unhas fotos da actividade:



11 may. 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde

Publicamos unha pequena información do homenaxeado este ano no día das Letras Galegas co permiso da biblioteca do IES Fontexería de Muros a quen agradecemos a súa presentación.


29 abr. 2015

REMATAMOS A SEMANA DO LIBRO

O venres 24 de abril os rapaces e rapazas de 3º B e 4º B leron aos pequechos de infantil de tres anos.Pensamos que esta actividade resultou moi satisfactoria tanto para os pequenos como para os maiores.Vemos o resultado nestas fotos:


28 abr. 2015

SEGUIMOS COA SEMANA DO LIBRO

O xoves 23 seguimos co apadriñamento lector por parte de 3º A e 4º A aos rapaces de infantil de 4 anos. Podemos observar nestas fotos o ben que o pasaron todos,maiores e pequenos.




Ademáis,como celebrábamos o Día do Libro fixemos unha feira cos libros expurgados da biblioteca.Os rapaces entregaban un marca-libros decorado por eles para que permanezca na biblioteca a cambio dun libro,actividade que quedou moi lucida como vemos nas fotos seguintes.




23 abr. 2015

SEMANA DO LIBRO

O luns 20 de abril empezamos a semana do libro,sexto A le contos a segundo;o martes 21 tócalle o turno a sexto B apadriñando a primeiro.Actividade encantadora na que todos disfrutaron moito,como podemos ver nas fotos seguintes:


20 abr. 2015

ABRAHAM CARREIRO NA NOSA BIBLIOTECA

O xoves 16 de abril recibimos a extraordinaria visita de Abraham,nas fotos podemos ver o entusiasmo dos rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto.












12 abr. 2015

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA

O xoves 9 de abril fixemos a entrega de premios as millores poesías do concurso "Se eu fose...".Os rapaces de infantil de 5 recitaron a súa de memoria,así como os de segundo de primaria;os demáis leron.Aquí van unhas fotos representativas do acto:


10 abr. 2015

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O mércores 8 de abril achegouse a escritora Ledicia Costas a nosa biblioteca para falar do seu libro "Escarlatina,a cociñeira defunta".Os rapaces de quinto e sexto fixéronlle preguntas e comentarios sobre o libro.Vemos unhas fotos e uns videos sobre a visita.













4 abr. 2015

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA NOVA

Por fiin,o mércores 25 de marzo abrimos as portas da nova biblioteca de primaria.Os rapaces de infantil e primeiro ciclo asistiron a un contacontos,así como os de segundo ciclo a un concierto,ambos representados por ANIMUNDIS,un grupo do que disfrutaron moitísimo os rapaces como podemos ver nestas fotos e videos:















Ese día ademáis recibimos a visita dos concelleiros e do señor alcalde,así como a do noso inspector.Demos un pequeno ágape a todos,incluídos os traballadores que fixeron posible que a obra estivera rematada.Pola tarde os rapaces de terceiro ciclo tiveron un karaoke.




9 mar. 2015

Celebrando o carnaval


O venres 13 de febreiro celebramos o carnaval no cole.Os rapaces ían vestidos de campesiños chineses,de flores,de froitas,de espantallos,incluso levabamos un tractor,todos facendo referencia ao tema do noso proxecto deste ano: "Traballando na horta e nos cultivos tradicionais".Podedes ver nestas fotos os estupendos disfraces e o ben que o pasaron os rapaces e,por suposto,os profes.


29 ene. 2015

Día da Paz

Mañán celebraremos o Día da Paz e da Non Violencia. Nas aulas, xa levamos uns días preparando esta celebración. 
Unha das actividades realizadas foi a de escoitar e traballar o conto Wangari y los árboles de la Paz, historia que narra a vida da keniata gañadora do Premio Nóbel da Paz no ano 2004.


Outra das actividades que tamén nos tivo ocupados foi a de aprender a canción de Macaco "Mensajes del agua", que aquí podedes escoitar e ver representada na linguaxe de signos.