fondo red white blue

29 oct. 2014

Visita ao EFAG Fonteboa

Seguimos co noso proxecto anual, traballando as hortas ecolóxicas e os cultivos tradicionais. Esta vez, o alumnado de segundo ciclo visitou o EFAG Fonteboa donde recibiu unha clase teórico-práctica moi interesante sobre o cultivo nos invernadoiros.



"Esfollando" no Pichel

Levábamos dende o pasado luns cun palleiro de millo no patio cuberto. Todos estábamos intrigados e, finalmente, o venres, soubemos que facía alí. 
Varios familiares dun alumno do Centro achegáronse para darnos información sobre o millo e o seu cultivo, e ensináronnos como se esfolla. Algúns probamos e comprobamos que non é tan doado como parece... 
Pero despois do esforzo agardaba unha grata sorpresa: as cociñeiras do colexio nos tiñan preparadas filloas e mesmo algún follado de millo e centeno para que o poidésemos probar. Que rico!
Onte, mesmo na Voz de Galicia se facían eco das nosas fazañas:

20 oct. 2014

Quino nos Premios Príncipe de Asturias





O pasado 28 de setembro, celebrábanse os 50 anos de Mafalda, o personaxe estrela de Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino. Recordades os debuxos que fixemos o ano pasado dos principais personaxes das tiras cómicas, e que aínda temos expostas nos corredores do colexio?



Esta semana, o debuxante recibe o Premio Príncipe de Asturias de comunicación e humanidades.
Tamén saiu unha moi interesante entrevista del na revista XL Semanal do domingo pasado, na que explica por que firma as súas obras como Quino ou fala da súa vida e do seu traballo, entre outras cousas.



Se vos interesa lela téndela aquí, e se vos animades a entrevistar vós mesmos a alguén, recordade os pasos que vos propuñíamos nesta entrada.

3 oct. 2014

Estamos no outono

Os nosos compañeiros do CEIP Esteiro, en Ferrol, publicaron estos refraneiros do outono que nos pareceron moi interesantes.









Coñecedes algún refrán máis relacionado co outono?