fondo red white blue

23 abr. 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro baixando libros da biblioteca ao patio;debido as pingueiras que empezaron a caer na hora do recreo,trasladamos mesas,libros e demáis ao patio cuberto onde os nenos disfrutaron lendo durante o plan lector.Os maiores de sexto leron aos de infantil e algúns levaron unha flor como agasallo.Velahí van as fotos:

22 abr. 2014

CONCURSO DE POESÍA

Máis vale tarde que nunca...Ahí van as poesías e os gañadores do concurso de poesía feito o mes pasado.

17 abr. 2014

REGUEIFANDO EN CORISTANCO

O día 28 de marzo tivemos no colexio unha xornada de regueifas a que asistiron o segundo e terceiro ciclos.Primeramente Tamara de Cabana de Bergantiños explicoulles aos rapaces en que consistían as regueifas,e a continuación Guillermo da Rabadeira e Suso de Xornes mostraron a súa maestría regueifando e intentando ensinar aos rapaces cómo facelo.
Testigo de excepción desta actividade foi Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños,quen asistiu co seu irmán e a súa coidadora Isabel,como podemos ver nas fotos.


14 abr. 2014

Aprender a buscar na rede

Agradecemos a Olga Rodríguez Díaz e Rosario Sánchez-Gabriel este maravilloso traballo que pensamos será de gran utilidade para todos,maiores e pequenos.

9 abr. 2014

MERCADILLO DE 6º

Durante os meses de marzo e abril os alumnos de 6º teñen en funcionamento un mercadillo de venta de xoguetes,libros,pulseiras... a prezos económicos e co ánimo de recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso. Ahí van algunhas fotos.