fondo red white blue

columnas enlaces

2 dic 2014

CONTANDO 6º B AOS NENOS E NENAS DE 1º

Esta vez son os rapaces de primeiro os que escoitan os contos "Xaime e as landras" e "A galiña roxa".Vemos unha mostra nas fotos seguintes.



1 dic 2014

CONTACONTOS DE 6º A

O 19 de novembro os rapaces de 6º leron "A princesa e o chícharo" e "A galiña roxa" aos nenos e nenas de 5 anos.Ahí van unhas fotos.


CONTACONTOS NA BIBLIO

Os rapaces de 6º B tamén saben ler contos,neste caso aos nenos e nenas de 4 anos.Len "Xaime e as landras" e "Misterio na horta",dous preciosos libros da editorial kalandraka.Esto foi o 5 de novembro durante o plan lector.Mirade que atentos están.














19 nov 2014

A BRUXA DO SAMAIN,DECORACIÓN DE PORTAS E CABAZAS

A BRUXA DA BIBLIO AINDA VOS ESTA MIRANDO CANDO SUBIDES E BAIXADES EN ORDEN


10 nov 2014

CONTACONTOS DE 6º

Os rapaces de 6º A comenzaron a actividade de contacontos o mércores 22 de outubro,día da biblioteca.Viñeron a escoitalos os nenos e nenas de 3 anos.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasaron.



CELEBRANDO O SAMAÍN


0 luns 27 de outubro os rapaces de segundo ciclo foron a biblioteca de secundaria a escoitar contos de medo.


   



 






3 nov 2014

CONTACONTOS DE MEDO NAS AULAS

O 29 de outubro os rapaces de 6º foron as aulas de infantil e primeiro ciclo a contarlles historias de medo.

29 oct 2014

Visita ao EFAG Fonteboa

Seguimos co noso proxecto anual, traballando as hortas ecolóxicas e os cultivos tradicionais. Esta vez, o alumnado de segundo ciclo visitou o EFAG Fonteboa donde recibiu unha clase teórico-práctica moi interesante sobre o cultivo nos invernadoiros.



"Esfollando" no Pichel

Levábamos dende o pasado luns cun palleiro de millo no patio cuberto. Todos estábamos intrigados e, finalmente, o venres, soubemos que facía alí. 
Varios familiares dun alumno do Centro achegáronse para darnos información sobre o millo e o seu cultivo, e ensináronnos como se esfolla. Algúns probamos e comprobamos que non é tan doado como parece... 
Pero despois do esforzo agardaba unha grata sorpresa: as cociñeiras do colexio nos tiñan preparadas filloas e mesmo algún follado de millo e centeno para que o poidésemos probar. Que rico!
Onte, mesmo na Voz de Galicia se facían eco das nosas fazañas:

20 oct 2014

Quino nos Premios Príncipe de Asturias





O pasado 28 de setembro, celebrábanse os 50 anos de Mafalda, o personaxe estrela de Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino. Recordades os debuxos que fixemos o ano pasado dos principais personaxes das tiras cómicas, e que aínda temos expostas nos corredores do colexio?



Esta semana, o debuxante recibe o Premio Príncipe de Asturias de comunicación e humanidades.
Tamén saiu unha moi interesante entrevista del na revista XL Semanal do domingo pasado, na que explica por que firma as súas obras como Quino ou fala da súa vida e do seu traballo, entre outras cousas.



Se vos interesa lela téndela aquí, e se vos animades a entrevistar vós mesmos a alguén, recordade os pasos que vos propuñíamos nesta entrada.

3 oct 2014

Estamos no outono

Os nosos compañeiros do CEIP Esteiro, en Ferrol, publicaron estos refraneiros do outono que nos pareceron moi interesantes.









Coñecedes algún refrán máis relacionado co outono?

24 sept 2014

EXCURSIÓN A BONILLA

Os rapaces de 2º ciclo foron a Coruña a ver a fábrica de Bonilla en Arteixo.Despois xogaron na área recreativa de Seixido. O ben que o pasaron podemos observalo nestas fotos.


21 sept 2014

A historia da pataca


O venres 19 de setembro recibimos a visita de Francisco Suárez Calvo,profesor xubilado e pregoeiro fai tres anos na Festa da Pataca en Coristanco.Faloulle aos rapaces de 4º, 5º e 6º sobre a orixe da pataca e da festa. Moi interesante como podemos ver en algún dos videos que mostramos.











EMPEZAMOS O CURSO

O venres 19 de setembro os rapaces de primaria estiveron facendo manualidades coas patacas,algunha delas coa idea de presentalas ao concurso que ten lugar o domingo na XXXIV FESTA DA PATACA en Coristanco.Aquí podemos ver algunhas fotos sobre o seu traballo.



26 jun 2014

FIN DE CURSO

O último día de curso os rapaces de 3º,5º e 6º bailaron,cantaron e tocaron instrumentos grazas a preparación e ensaio da nosa profesora de música Lorena e da profe de ximnasia Estela.
Ahí van os videos que demostran o ben que o fixeron e o ben que o pasaron.














30 may 2014

CONTACONTOS EN MAIO

Contacontos varios feitos este mes:

27 may 2014

Díaz Castro e actividades lim para infantil e primaria

Este ano celebramos as Letras Galegas con actividades varias:charlas,concursos,día da familia... Aquí van unhas actividades Lim para aprender sobre a vida e obras do homenaxeado deste ano Xosé Mª Díaz Castro. Agradecemos a biblioteca ceip Mallón Nigrán a elaboración de ditas actividades.

DÍAZ CASTRO NA BIBLIOTECA

Mes de maio adicado a Díaz Castro

23 abr 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro baixando libros da biblioteca ao patio;debido as pingueiras que empezaron a caer na hora do recreo,trasladamos mesas,libros e demáis ao patio cuberto onde os nenos disfrutaron lendo durante o plan lector.Os maiores de sexto leron aos de infantil e algúns levaron unha flor como agasallo.Velahí van as fotos:

22 abr 2014

CONCURSO DE POESÍA

Máis vale tarde que nunca...Ahí van as poesías e os gañadores do concurso de poesía feito o mes pasado.

17 abr 2014

REGUEIFANDO EN CORISTANCO

O día 28 de marzo tivemos no colexio unha xornada de regueifas a que asistiron o segundo e terceiro ciclos.Primeramente Tamara de Cabana de Bergantiños explicoulles aos rapaces en que consistían as regueifas,e a continuación Guillermo da Rabadeira e Suso de Xornes mostraron a súa maestría regueifando e intentando ensinar aos rapaces cómo facelo.
Testigo de excepción desta actividade foi Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños,quen asistiu co seu irmán e a súa coidadora Isabel,como podemos ver nas fotos.


14 abr 2014

Aprender a buscar na rede

Agradecemos a Olga Rodríguez Díaz e Rosario Sánchez-Gabriel este maravilloso traballo que pensamos será de gran utilidade para todos,maiores e pequenos.

9 abr 2014

MERCADILLO DE 6º

Durante os meses de marzo e abril os alumnos de 6º teñen en funcionamento un mercadillo de venta de xoguetes,libros,pulseiras... a prezos económicos e co ánimo de recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso. Ahí van algunhas fotos.

19 mar 2014

CÓMO FACER ENTREVISTAS

Damos as gracias a biblioteca do C.P.I. Frian-Teis e ao seu blog O LAR DE FRIANCIÑO polo seu maravilloso titorial.

17 mar 2014

CONTACONTOS

O mércores 12 de marzo durante o plan lector os nenos e nenas de 6º B len "A cousa que máis doe no mundo" e "Carabuñas" aos rapaces de 5 anos.Ahí van os videos como mostra do ben que o fixeron.

10 mar 2014

E agora a comer e xogar...

E máis carnaval...

E ahí van máis fotos...

CELEBRAMOS O CARNAVAL

O venres 28 de febreiro disfrazámonos,desfilamos no pavillón diante dos pais,tomamos chocolate con churros e orellas no comedor e xogamos e bailamos no patio.Ahí van as fotos.

6 mar 2014

MÁIS VIDEOS SOBRE O DÍA DE ROSALÍA

                                Os nenos e nenas de primeiro recitan "Maio longo,maio longo".



                               Os rapaces de 3º B recitan "Campanas de Bastabales".



                                Os de 4º recitan "Para a Habana".



                                 Os de 5º A "Máis o que ben dixo un día..."



                                Os de 6º A recitan "Adiós ríos,adiós fontes"



Os de 6º B recitan "Castellanos de Castilla"                                  


 

ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO...


O día 26 de febreiro os rapac@s de 3º A representaron dous contos aos nenos de 4 anos.Estes contos foron "Adivina cuanto te quiero" e "Os tres bandidos".Fixérono de maravilla,como apreciamos nos videos.



YARED E A SÚA NOVA FAMILIA

Os rapac@s de 6º A len aos nenos e nenas de 3 anos.


ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO SMS DE AMOR

O martes 25 de febreiro entregáronse os premios aos mellores SMS de amor,concurso organizado polo departamento de normalización lingüística e coa colaboración da biblioteca.


DÍA DE ROSALÍA

O luns 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía con recitados dos rapaces de primeiro a sexto de primaria.Vemos nos videos o ben co fixeron e o ben co pasaron.













28 feb 2014

 OS NEN @ S DE 3 ANOS RECITAN: "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES..."

Os nenos de 3 anos fixeron un puzzle de Rosalía e tamén aprenderon uns versos dunha da súas poesías.                                                                 

19 feb 2014

MÁIS CONTOS DA PAZ

Os nenos de cuarto leron "Nadarín" aos rapaces de terceiro b.Aquí vemos neste video o ben que o fixeron.


7 feb 2014

ROLDA DE CONTOS DA PAZ

O xoves 30 de xaneiro, día da Paz, os rapaces de terceiro a sexto de primaria foron polas clases lendo e representando,en algún caso,libros sobre a paz.Vemos nestes videos algún exemplo do atentos e colaboradores que estiveron todos.





Os nenos de terceiro len "O nacemento do dragón"




O outro terceiro len "Adiviña canto te quero"





O curso de 5º le "O sorriso de Daniela"




E outro quinto "A bruxa enrabechada"





6 feb 2014

CONTACONTOS DE 6º B


O mércores 5 de febreiro os nenos e nenas de primeiro riron co conto de "E que podo facer eu?" representado por Miguel,David e Laura.A narradora era Eva.Mirade este video como proba.

Nuria e Rosa de 6º A

Nuria e Rosa len aos rapaces de 5 anos os libros "A potra Petra" e máis "A guerra dos números".Mirade que atentos están!



28 ene 2014

ACTIVIDADES SEMANA DA PAZ

http://prezi.com/tafjiu91ixng/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

Agradecemos ao colexio de Andrade e a súa biblioteca esta adaptación e traducción do libro da editorial Parramon "Me llamo...Nelson Mandela"

27 ene 2014

SEMANA DA PAZ

Esta semana faremos diversas actividades relacionadas co tema da paz.Iremos colgándoas no blogue.Como aperitivo ahí vai unha das máis fermosas cancións sobre este tema.

24 ene 2014

FESTIVAL DE NADAL

O último día de clase pasámolo todos xenial.Aquí podedes ver algúns videos que o demostra.

                                                                                                                                                                





























  




22 ene 2014

O Apalpador visita Coristanco



Os nenos e nenas de infantil e primeiro diclo escoitaron a Anxo Moure que lles trouxo ao Apalpador o xoves 19 de decembro.Podemos velos nestes videos.