fondo red white blue

30 ene. 2013

DÍA DA PAZ

 No  día de hoxe celebramos  o  Día da Paz coa lectura por parte dos nenos de E. Primaria deste fermoso conto:  UNHA MANCHEA DE BICOS.

Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós:



 
 
Grazas ao profesor Juan pola súa fermosa iniciativa e a súa inestimable axuda no desenvolvemento desta actividade.
 

29 ene. 2013

EXPOSICIÓN SOBRE A PAZ

Temos na biblioteca a exposición con diferentes libros relacionados co  Dia da Paz e a non violencia.
Todos eles a disposición de alumnos e mestres.
 
 
 
 
 
 
 
 

28 ene. 2013

DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO



Pombiña que escribes

co peteiro paz,

debuxa no ceo

as algas do mar.

Escribe un poema

cos versos de sal

e cóntalle ó vento

historias do val.

Pombiña que escribes

co peteiro paz.

Rebule algareira

aquí no pombal.



A. García Teijeiro




Libros recomendados pola biblioteca:



 
 



 

21 ene. 2013

FINA CASALDERREY

Fina Casalderrey:quinta muller da Academia Galega

 
 
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) destaca como unha das grandes referencias no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil. Tamén profesora de ensino secundario, Casalderrey deuse a coñecer como escritora en 1991, ano no que publicou a súa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Cinco anos despois acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra O misterios dos fillos da Lúa. A maior parte dos seus libros están traducidos a todas as linguas do estado e tamén ao portugués.