fondo red white blue

columnas enlaces

23 dic 2012

BO NADAL!

Nesta ocasión queremos desexar a toda a comunidade educativa un 
Bo Nadal e un Feliz Ano 2013.
E dende a Biblioteca, unha vez máis, queremos deixarvos aquí un 
agasallo en forma de conto:

HISTORIA DO APALPADOR



19 dic 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Aquí van as fotos do recitado que fixeron unhas nenas de 5º e 6º o día 12 de decembro as 12. Fixérono a través do micrófono do centro e as aulas escoitaron coas portas abertas. Estivo xenial.






ACTIVIDADES NADAL

Esta última semana de Nadal temos moitas actividades para pasalo en grande: O martes Suso leeunos na biblioteca dous contiños escritos para kamishibai polo que damos as gracias ao CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás pola idea. Estes contos son O apalpador e A lenda da árbore de Nadal. Así mesmo leeu tamén o conto Cando Martiño tivo ganas de mexar a Noite de Reis.Asistiron os nenos/as de Ed. Infantil e 1º E.P.


    

                                                         
O xoves 20 os mesmos rapaces, xunto con 2º E.P, irán ao edificio de secundaria onde a escritora Dores Tembrás falará e contará o seu libro         
O peizoque Roque.

Engadiremos fotos en canto poidamos.
Aproveitamos para mandarvos o tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal.


Desexamos que pasedes unhas boas vacacións!

7 dic 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO




-Esta semana que entra faremos a lectura do poema de Celso Emilio,ademáis doutras actividades que iremos vendo.Eiquí incluímos unhas actividades para xogar e recordar ao  noso poeta.




http://engalego.es/panel/alm/chs/aurora/celsolim48/lim.swf?libro=celsolim48.lim