fondo red white blue

27 may. 2012

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS




0 luns 14 de maio o noso dire Carlos liu o libro O calcetín amarelo  aos rapaces de infantil e primeiro.Despois fixeron un moneco cun calcetín, axudados por nenos de 4º. A continuación os rapaces de 4º cantaron a preciosa canción de Lela,de Castelao.
E para rematar Carlos narroulles aos nenos O xastriño valente, facendo uso do Kamishibai.
Pasámolo xenial

O mércores 16 veu Suso a contarlles o conto  O galo quirico,así como O gato con botas en kamishibai.Os rapaces divertíronse moitísimo. Ahí vai unha mostra:




MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA, E COLABORACIÓN.
 FANTÁSTICO  TRABALLO!!!

26 may. 2012

CONCURSO ASÍ TE VEXO



Durante este mes convocamos o concurso ASÍ TE VEXO. Os rapaces do 2º e 3º ciclo tiñan que averiguar o nome do cadro e o autor expostos no panel da biblioteca.Así mesmo os de 1º e infantil fixeron cadros coa temática dos bosques.

   O venres 25 entregamos  uns agasallos aos rapaces gañadores,quenes contáronlle o conto de OH! aos pequenos de 3 anos.







  O venres 25 entregamos  uns agasallos os rapaces gañadores.

20 may. 2012

Xornada de convivencia: roteiro a Verdes

 O último día da Semana Cultural, 18 de maio, os alumnos e varios profesores
de ESO  fixemos unha xornada de convivencia. 
O roteiro  a Verdes foi todo un éxito.










Nos vindeiros días teredes a vosa disposición  as fotos de toda a xornada na galería da web do centro.
Gracias a todos polo voso comportamento exemplar!!

16 may. 2012

ACTIVIDADES BIBLIOTECA



Ahí vai unha mostra das actividades feitas na biblio este mes.Os rapaces de 4º  recitan versos de Gloria Fuertes.Unha delicia.





Os de 5º tamén quixeron recitarnos "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dhal;en este caso só van fotos,procuraremos publicar o video que demostre o seu bo facer e entusiasmo.







14 may. 2012

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Nesta semana celebramos no CPI Alcalde Xosé Pichel o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano a figura homenaxeada é VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Toda a información aquí:

10 may. 2012

     




Estamos preparando a semana das letras galegas,xa publicaremos as actividades.Ahí vai un video para facer boca,os rapaces de 4º cantarán esta canción no concello e máis no colexio, coa versión en karaoke.

9 may. 2012

Parabéns a nosa compañeira Mercedes Queixas

 A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) premia a nosa compañeira Mercedes Queixas Zas polo ensaio Vivir, unha aventura irrepetíbel: Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Ed. Galaxia
       (Mercedes, cos finalistas o pasado sábado na Cea das Letras)

As túas compañeiras da Biblioteca queremos sumarnos os parabéns do Equipo Directivo do centro e da comunidade educativa en xeral polo  merecido premio literario. É para nos unha honra traballar contigo. Para ti, este ramo de rosas (sentimos que sexa virtual)

8 may. 2012

CONTACONTOS

Hoxe tivemos unha visita moi especial na Biblioteca: un CONTACONTOS.
Veunos contar un conto aos nenos de E.Infantil.
É o que vedes aquí :



E aquí tedes fotiños da actividade. Que ben que o pasamos!