fondo red white blue

11 mar. 2012

AVALIACIÓN DA WEB QUEST

E agora, se fiséchedes o cartel sobre algunha das escritoras sinaladas e seguíchedes os pasos indicados, seguro que xa podedes cubrir a ficha que atoparedes aquí ou  na biblioteca sobre as mulleres ilustres galegas.


                 FICHA 

     NOME E APELIDOS:
          CURSO:
                                          


                

1.    Quen dixo que “a muller non ten outra carreira co matrimonio”?

2.    Quen foi forzada a xubilarse e destituida dos seus cargos académicos por razóns políticas?

3.    Cal foi unha corresponsal de guerra?

4.    Di cal foi unha lexendaria actriz española de cine e teatro:

5.    Cal delas foi unha heroína galega do século XIV, que liderou unha revolta na cidade de Lugo?

6.    Que quere decir: “en tempos  de María Castaña”?

7.    De que escritora é o libro de “Follas Novas”?

8.    Unha famosa pintora coruñesa:

9.    Cal foi a creadora da revista El Nuevo Teatro Crítico?

10.  Quen defendeu a cidade da Coruña en 1585 contra o ataque dos ingleses?

SEGUIMOS COA WEB QUEST

Faremos traballos en parella sobre algunha das mulleres ilustres galegas,como por exemplo:


8 mar. 2012

WEBQUEST SOBRE GALEGAS ILUSTRES

O 8 de marzo, día da muller traballadora, queremos celebralo con esta actividade realizada polo equipo da biblioteca do C.P.I. Alcalde Xosé Pichel.
Para 5º e 6º de primaria.     
Imos a facervos unhas preguntas sobre determinadas mulleres galegas cun pequeno cuestionario que haberá á vosa disposición na biblioteca.