fondo red white blue

17 ene. 2012

La chandeleur: 2 de febreiro

O 2 de Febreiro celébrase en Francia unha festa deliciosa: A chandeleur. Esta festa marca o final do Nadal e o inicio da primavera. É unha festa gastronómica moi popular e no noso centro xa a galeguizamos o ano pasado con moito éxito. Xa sabedes que a receta das Crêpes é prácticamente a mesma que a das nosas filloas polo que non é moi difícil participar. Este ano, o equipo da biblioteca  quere repetir a experiencia e contar con todos vos. Todos os participantes están invitados a degustar crêpes na biblioteca o próximo día 2 de febreiro. Darémosvos máis información a través da biblioteca e do blog. Estade atento

IN MEMORIAM: ISAAC DÍAZ PARDO


 



Voltamos ás aulas coa triste nova do pasamento de Isaac Díaz Pardo. Sirva esta pequena recompilación de citas extraídas da prensa nos últimos días como mostra de homenaxe a unha figura inesquecible da nosa cultura.
“A súa personalidade, marcada pola xenerosidade, atraeu centos de persoas que viron en Díaz Pardo un referente . Foi unha figura singular e irrepetible".
Xosé Luís Méndez Ferrín

 
“Isaac Díaz Pardo non só deseñaba cerámica, senón que facía tamén os deseños dos fornos, da maquinaria, as engranaxes... foi un auténtico tecnólogo, un innovador, un creador. Foi un descreído optimista que non deixou de traballar polo futuro”.
Xosé Neira Vilas

“O home máis querido de Galicia. Foi un supervivinte toda a súa vida. Morreu ancián, pero siempre tivo que mirar de esguello á historia porque estaba na listaxe da maquinaria pesada do odio”.
Manuel Rivas

“ O pintor, o fundador de cerámicas de Sargadelos e do Castro, de Edicións do Castro, e doutras entidades dinamizadoras que responden a unha aspiración que el sempre mantivo: normalizar Galiza”.
Xosé Lois García

5 ene. 2012

XULIO VERNE

Velaquí tedes todas as instalacións e murais que fixemos no equipo de Biblioteca para a homenaxe de Xulio Verne. Coñecimos a vida deste interesante visionario escritor francés, a través dun concurso e das  distintas explicacións e vimos unha película que tivo moito éxito entre @s alumn@s. Agardamos que con todas estas actividades espertara o voso interese por achegarvos á obra deste xenial escritor. Merece moito a pena...!






4 ene. 2012

DECORACIÓN DE NADAL

O noso equipo traballou moito coa decoración para deixar  a Biblioteca como un recanto no que rapaces e profes poidesen vivir e sentir un pouquiño o Nadal.








MERCADIÑO SOLIDARIO

En Secundaria tamén fixemos o noso mercadillo solidario. Alumnos e profesores aportamon o noso pequeno gran de area traendo todo tipo de libros e contos, e alimentos para poder mercalos.  O resultado foi bastante exitoso así que agardamos repetilo o curso que vén. Enchemos un carro con multitude de productos que entregamos á Cruz Vermella de Carballo para repartir entre as familias máis necesitadas.





CONCURSO SOBRE XULIO VERNE

Durante as actividades que se desenvolveron nos días previos ás vacacións de Nadal entregamos uns pequenos agasallos ás alumnas que gañaron o concurso sobre Xulio Verne. Noraboa ás premiadas!




MENÚ DE NADAL

Máis vale tarde que xamáis, así que velaquí tedes o menú degustación, que entregamos en secundaria antes das vacacións, coas recomendacións que fixeron varias profes do equipo de Biblioteca para alumnos e docentes. Agardamos que entre turrón e turrón tamén picárades algo destas marabillosas suxestións lectoras.