fondo red white blue

28 feb. 2011

A filla do ladrón de bicicletas

Os nenos e nenas do terceiro ciclo están enfrascados na lectura da obra gañadora do Premio Merlín 2010: A Filla do Ladrón de Bicicletas. Nela nárrase a historia de Serafina, a filla dun ladrón de bicicletas, que vive con Dona Perfecta, a súa tía. A Serafina o que máis lle gusta é montar en Celerífera, a súa bicicleta, e gustaríalle ser equilibrista nun circo. Coa súa habilidade, consegue abraiar a todos, ou case... Esperamos que esta lectura sexa do agrado de todos xa que moi pronto recibiremos a visita da súa autora: Teresa González Costa.

23 feb. 2011

Unha novidade moi especial

Na biblioteca de primaria adquirimos esta semana unha obra recomendada polo noso compañeiro Suso. Trátase de "María y yo", un libro tipo cómic no que un home fala das vacacións que pasa coa súa filla María, unha nena de 12 anos que ten autismo. O autor axúdanos así, relatando feitos diarios, a comprender mellor ás persoas que sofren esta dolencia. A historia de María e do seu pai xa é moi famosa: o libro vai pola 5ª edición, e xa se rodou un documental que se basa no seu contido. Aquí podes ver o trailer:

21 feb. 2011

Nova sección

Na Biblioteca de Primaria, temos unha nova sección: o Quiosco. É un pequeno curruncho no que podrás atopar revistas de debuxos animados, ciencias, animais, automóbiles, ... Achégate a descubrilo, seguro que atoparás algo do teu interese!