fondo red white blue

20 dic. 2011

UN MENÚ MOI ESPECIAL

Ahhhhhhhhhh¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Case nos esquecemos, podedes revisar este especial menú e pedir algún libro desta lista para o Nadal.

MENÚ DEGUSTACIÓN DE NADAL

2011- 2012

APERITIVOS PARA EDUCACION INFANTIL

- Os bolechas.Tatá conta peixes. Ed:A nosa terra.

- Que desfeita! Ed. A nosa terra.

- Mi jersey de Audrey Poussier.Ed. Anaya.

- La piscina de Audrey Poussier. Ed. Anaya.

- A miña amiga a escuridade de Ella Burfoot. Ed. Baía.

- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth.Ed. Kalandraka.

- O meu cofre dos animais. Ed. Baía.


ENSALADA VARIADA PARA 1º E 2º CICLOS.

- Quen necesita un sombreiro máxico? De Mª Jesús Bolta. Ed. Baía.

- O meu gato é un poeta de Fran Alonso. Ed.Xerais.

- Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis de Chema Hems.Ed. Kalandraka.

- O meniño Nito. Entón,os homes choran ou non? Ed. Baía.

- Una carta muy rara de Ana Alonso. Ed. Anaya.

- Josefina no puede dormir de Alexander Steffensmeier. Ed. Anaya.

- Tea Stilton. Ed. Destino.

- Peter Pan. Ed. Baía.

- Rita tiene novio de Mikel Valverde. Ed. MacMillan.

- ABC Abecedario Pop-up de animales salvajes. Ed. MacMillan.

- La granja de los siete establos de Roberto Alíaga. Ed. MacMillan.

- Mi mundo. Los dinosaurios. Ed. SM.



PRATOS PARA 3º CICLO.


- A caza do ghazafello. Denis M. ed. Xerais.

- Mil cousas poden pasar.libro I e II. Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.

- A chave da Atlántida. Anxo Fariña. Ed. Xerais.

- Un polbo xigante.Carlos Casares. Ed. Galaxia.

- Mi vida es un cuento. Janet Tashjian. Ed. MacMillan.

- Se vende mamá. Care Santos. Ed. SM.

- Los niños extraordinarios: Tomás y el misterioso caso del ladrón de corazones. Victoria Pérez Escribá. Ed. MacMillan.

- Planeta Tierra.Asombrosos 3D. Ed. MacMillan.

- El principito.El planeta del tiempo. Ed. Clic.

- Kirikú y las bestias salvajes. Michel Ocelot. Ed. Kokinos.


SOBREMESA

- O planeta das curiosidades. Ed. Baía.

- Buscando a Wally. Martín Handford. Ediciones B.

- Pequena colección de insectos. Sonia Dourlot. Ed. Larousse.

- Mamá Cabra. Xa me tardan estes magos. Ed. Galaxia.

- Os compañeiros. A orde da pedra. Miguelanxo Prado. El patito editorial.

- As marcas dos animais. Baía edicións.

- El gran libro de los cuentos de Navidad. Denise Despeyroux. Ed. Parramón.

- Mi profe es un vampiro. Lewis Harris. Ed. MacMillan.

- Mi primer larousse de los animales. Ed. Larousse.

- Mi primer larousse de la naturaleza.

- Mi primer laroussse de los ¿cómo?¡

- Luna Llena. Antoine Giulleppé. Ed. MacMillan.

MERCADO SOLIDARIO

Hoxe martes 20 de decembro celebramos o I Mercado Solidario con gran éxito de participación. Os nenos/as animáronse moito e "mercaron" moitos libros a cambio de alimentos que serán doados a entidades colaboradoras que farán un reparto entre os máis necesitados. Graciñas e felices festas.


18 dic. 2011

PREPARATIVOS HOMENAXE XULIO VERNE

  Durante toda esta avaliación, como ben sabedes, o equipo da biblioteca preparou unha homenaxe ó autor Xulio Verne. Celebración ben merecida por tratarse dun autor prolífico, adiantado a súa época e que podíamos catalogar coma un auténtico visionario.

  Unha das moitas actividades que fixemos foi a decoración de distintos recantos do centro con murais, instalacións e pezas ornamentais que reflicten distintas iconas da obra de Verne. Para que vexades como foi a elaboración de toda esta parafernalia, que non xorde da noite ó día, (leva moitas horas de cavilacións, traballo e colaboración por parte de alumnos e profes) póñovos unhas imaxes nas que, como non podía ser de outro xeito, sempre aparece Susana que é a que leva adiante co seu empurre e enerxía vital todos estes proxectos.

O resultado final, que no centro xa coñecemos, na seguinte entrada...









8 dic. 2011

DÍA INTERNACIONAL DAS RESPOSTAS CONTRA A SIDA



O día 1 de decembro celébrase ó día mundial da loita contra a SIDA, por iso dende o equipo de biblioteca tamén quixemos participar desta conmemoración. Esta enfermidade rematou xa coa vida de máis de 25 millóns de persoas no planeta o que a converte nunha das epidemias máis destructivas rexistradas na historia. Afortunadamente séguense facendo grandes avances que melloran a calidade de vida de moitas persoas que sofren esta doenza.







A fita vermella é un símbolo visual  que amosa unha conciencia pública na súa prevención e tratamento, simboliza a solidaridade e apoio ás persoas que se ven afectadas con esta enfermidade, por iso fixemos un lazo para cada un dos membros da comunidade educativa. Algúns lucírono con máis creatividade que outros pero case todos participaron da actividade con moito interese.  Debemos non só levar este lazo con esperanza senón tamén estar informados de como previlo.

Un dato curioso: a partir deste ano cambiouse o Día Internacional da Loita contra a Sida polo de "Día Internacional das respostas contra a Sida", por considerar o anterior como unha forma bélica de chamar a esta conmemoración.

22 nov. 2011

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Neste mes de novembro entregáronse na biblioteca de primaria os premios do concurso de relatos de terror deste curso. Os contos gañadores, por ciclos, son os seguintes:
     O rato que asustaba aos elefantes - Ed. Infantil-3 anos.
     O dente, de Víctor Sánchez Saldaña - 1º  Primaria.
     Un castelo de terror, de Aida Duarte Recarey - 4º A (Primaria)
     Meu avó no bosque, de Alba Collazo Collazo - 5º (Primaria)

Estes contos podense descargar e ler na web do centro :



Os gañadores recibiron un estupendo agasallo de mans do Director e do Xefe de Estudios:





NORABOA AOS GAÑADORES!

8 nov. 2011

SEGUIMOS A VOLTAS CON JULIO VERNE ...










 ...Os rapaces do segundo ciclo están lendo obras de Verne e facendo debuxos inspiradísimos. Mandamos fotos da exposición ubicada á entrada da biblioteca e os traballos feitos ata agora (ameazamos con máis).

7 nov. 2011

Marie Curie, unha científica excepcional

Un 7 de novembro hai 144 anos naceu Marie Curie, en Varsovia, Polonia. Esta muller verdaderamente extraordinaria, obtivo o Premio Nobel de Física e o de Química polos seus estudos no mundo da radioactividade e por unha vida adicada a ciencia. Filla de ensinantes, chegou a París para estudar na prestixiosa Universidade da Sorbona. Nesta cidade coñecería a Pierre Curie, o seu futuro home, tamén investigador.



Madame Curie morreu ós 67 anos, vítima dunha leucemia relacionada coa grande cantidade de radioactividade que recibiu a causa dos seus anos adicados ao estudo do radium. No Instituto Curie de París, hoxe en día, seguen a traballar na procura de métodos para curar o cancro. Madame Curie  puxo a ciencia ó servicio da humanidade. Nunca quixo rexistrar patentes nin cobrar por elas.  Un exemplo de coraxe e integridade.

Se queredes saber máis sobre ela e outros científicos, podedes visitar a exposición na planta baixa que prepararon as profesoras de Lingua Galega, Ciencias e Normalización Lingüística para todos.

4 nov. 2011

TARDE EMPEZAMOS, PERO CON GANAS!.

Este curso decidimos poñernos de acordo cos compañeiros  da E.S.O. e elaboramos traballos sobre a vida e obra de Julio Verne.Puxemos murais, fixemos debuxos,lemos algunhas obras coma por exemplo,"20 000
leguas de viaje submarino","Un capitán de 15 anos", "La vuelta al mundo en 80 días","Viaje al centro de la tierra"...,obras adaptadas aos niveis de primaria e infantil. Tamén vimos algunha película adaptada, como por exemplo a versión das tres mellizas:" Viaje al centro de la tierra"
  Pronto colgaremos fotos que amosen estes traballos.

  Un saúdo das compañeiras de primaria.

30 oct. 2011

Misterioso Julio Verne



Aquí podéis ver un interesante vídeo sobre la misteriosa figura de Julio Verne. Os ayudará a responder a las preguntas del concurso. Recordad que tenéis hasta el 30 de noviembre y que habrá muchos premios. Podéis depositar las respuestas en el buzón de la entrada a la biblioteca. ¡Suerte chicos!

3 oct. 2011

ESTREA DE CURSO

XULIO VERNE
Estreamos un novo curso na Biblioteca cheo de ilusións e proxectos que agardamos vos gusten e nos que participedes con entusiasmo. A primeira das actividades que temos intención de facer neste mes de outubro é unha merecida homenaxe á interesante obra de Xulio Verne.

Faremos un achegamento a varias das súas obras con distintas actividades para descubrir o desbordante imaxinario deste autor francés, un dos pais da ciencia ficción. Xa moitos vistes e estades a traballar con Susana na Biblioteca no que vai ser unha pequena instalación baseada nos mundos oníricos de Verne. Por suposto podedes facer suxestións e aportar todas as ideas que teñades ó respecto.

Se tedes algún volume na casa dalgunha das súas coñecidas obras podédelo traer para facer unha pequena exposición.

Todos a traballar con afervoamento para que sexa un novo éxito!!!

1 jun. 2011

Conan Doyle e Sherlock Holmes

Achegámonos ao escritor Arthur Conan Doyle a través de Sherlock Holmes. E despois, vimos a película. Por suposto que tamén disfrutamos coas novelas.

Memorias dun neno labrego

Conmemoramos os 50 anos da publicación das Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.

La chandeleur

En febreiro, celebramos a "Chandeleur" co alumnado de Secundaria.

27 abr. 2011

Día do Libro. Ana María Matute, Premio Cervantes.

Todos os anos , o día 23 de abril celebramos o Día do Libro. Nesta ocasión, por coincidir coa Semana Santa, esta conmemoración aprazouse ata hoxe.
O Día do Libro é xa tradional a entrega do Premio Cervantes.
En máis de 30 anos de historia, só tres mulleres viron recoñecida a súa tarefa de escritoras con este galardón. Así que Ana María Matute entrará na historia do Premio como a terceira muller que o recibe.
Podedes ler tres relatos dela neste enlace.

2 abr. 2011

Xa recibimos a visita de Teresa González!

Este martes visitounos a autora do Premio Merlín 2010, Teresa González Costa. Estivemos todos moi atentos e participativos na charla que nos deu sobre a súa obra A filla do ladrón de bicicletas. Estivo moi entretido e moi interesante: a que non vos percatárades de moitas das cousas que nos contou acerca da historia e dos persoaxes?

18 mar. 2011

DVDs en galego

Non é doado atopar películas que tamén se comercialicen en galego. Estas son algunhas das que mercamos ultimamente e que podemos ver na nosa lingua: Que as disfrutedes!

28 feb. 2011

A filla do ladrón de bicicletas

Os nenos e nenas do terceiro ciclo están enfrascados na lectura da obra gañadora do Premio Merlín 2010: A Filla do Ladrón de Bicicletas. Nela nárrase a historia de Serafina, a filla dun ladrón de bicicletas, que vive con Dona Perfecta, a súa tía. A Serafina o que máis lle gusta é montar en Celerífera, a súa bicicleta, e gustaríalle ser equilibrista nun circo. Coa súa habilidade, consegue abraiar a todos, ou case... Esperamos que esta lectura sexa do agrado de todos xa que moi pronto recibiremos a visita da súa autora: Teresa González Costa.

23 feb. 2011

Unha novidade moi especial

Na biblioteca de primaria adquirimos esta semana unha obra recomendada polo noso compañeiro Suso. Trátase de "María y yo", un libro tipo cómic no que un home fala das vacacións que pasa coa súa filla María, unha nena de 12 anos que ten autismo. O autor axúdanos así, relatando feitos diarios, a comprender mellor ás persoas que sofren esta dolencia. A historia de María e do seu pai xa é moi famosa: o libro vai pola 5ª edición, e xa se rodou un documental que se basa no seu contido. Aquí podes ver o trailer:

21 feb. 2011

Nova sección

Na Biblioteca de Primaria, temos unha nova sección: o Quiosco. É un pequeno curruncho no que podrás atopar revistas de debuxos animados, ciencias, animais, automóbiles, ... Achégate a descubrilo, seguro que atoparás algo do teu interese!