fondo red white blue

17 dic. 2010

XA TEMOS NOVA MASCOTA!!

Hoxe entregáronse os premios ao concurso de mascotas para a nosa biblio. A gañadora foi Cristina, de 4ºA que debuxou a Punto e a Coma deste xeito tan orixinal:
Tamén se entregaron catro accesit que foron para Virginia de 5º de E.I., Víctor de 6º de E.I., Ángel de 5ºB e Nerea de 6ºB. Noraboa a todos!

1 dic. 2010

Cadernos de Biblioteca

Para todos os alumnos de Secundaria que queirades participar nas actividades da biblioteca, temos á vosa disposición CADERNOS nos que facer os vosos traballos.
Haberá premios para os máis participativos.
Xa podedes comezar co comentario dun libro que trate sobre os Dereitos Humanos. Recordade que tendes unha selección no expositor da entrada.