fondo red white blue

26 feb. 2010

Cicloxénese explosiva

Hoxe pola mañá, nas aulas e nos corredores do cole, moito se escoitou falar da "cicloxénese explosiva" que esperamos. Pero que é a cicloxénese explosiva? Agardemos e que non pase nada! Por certo, se non podedes saír: aproveitade e lede un bo libro.

19 feb. 2010

Ollos de auga, de Domingo Villar

Por fin chegaron á nosa Biblioteca as dúas novelas do escritor vigués Domingo Villar protagonizadas polo inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez. Ollos de auga é a primeira da serie. Collédea na sala de secundaria e xa nos diredes que vos pareceu. Recomendada a partir dos 14 anos. Boa lectura!

11 feb. 2010

Concurso "Parellas famosas"

Hoxe, antes da festa do Entroido, coñeceremos o nome do gañador ou gañadora do concurso "Parellas famosas". Recordade que o premio consiste en dúas entradas para ir ao cine. Sorte a todos os acertantes.

Poema de amor (3)

E outro poema de amor: Por amor nacín da terra. Por amor son o que son. Por amor canto o meu canto, por amor. Por amor sángranme os pulsos e ábreseme o corazón. Por amor doénme os ollos. Por amor, só por amor. Darío Xohán CABANA

10 feb. 2010

Poemas de amor (2)

Un día menos para San Valentín. Unha boa razón para ler outro poema de amor dos que están expostos nas aulas: A autora: Dulce María Loynaz Que la vida no vaya más allá de tus brazos. Que yo pueda caber con mi verso en tus brazos, que tus brazos me ciñan entera y temblorosa sin que afuera se queden ni mi sol ni mi sombra. Que me sean tus brazos horizonte y camino, camino breve, y único horizonte de carne; que la vida no vaya más allá… ¡Que la muerte se parezca a esta muerte caliente de tus brazos!

9 feb. 2010

Poemas de amor

Xa que o domingo é San Valentín, deixámosvos un poema de amor dos que podedes ler na exposición que temos nas portas das aulas: Con augas de sede vella namorar eu namoreina, meu amigo! Con unha herba lixeira namorar eu namoreina, meu amigo! Namorar eu namoreina con unha cantiga leda, meu amigo! Namorar eu namoreina con ar da primavera, meu amigo! Álvaro CUNQUEIRO